Aberto o prazo de presentación de candidaturas para as primarias de CABE

CABE (Gondomar Concello Aberto) celebrará eleccións primarias para a confección da súa candidatura ás eleccións municipais de maio. Está aberto o prazo de presentación de candidaturas a estas primarias ata o 28 de febreiro.

Durante o mes de marzo se difundirán estas candidaturas e se celebrarán as primarias os días 23 e 24. Poderán votar as persoas que residan, estuden ou traballen en Gondomar.

Cada candidatura acumulará os votos recibidos de cada persoa que decidise incluílo na súa lista. Finalizado o escrutinio ordenarase a candidatura ás eleccións municipais en función do número votos, tendo como único criterio de corrección o de xénero.