Sin categoría

A Cento Cien celebra este sábado o seu quinto Moto Carnaval

O Moto Club A Cento Cien, coa colaboración da Concellería de Cultura de Gondomar, organiza este sábado 23 de febreiro a quinta edición do Moto Carnaval. A xornada inclúe ruta moteira polo Val Miñor, e despois unha parada para gozar duns petiscos, durante os cales se entregarán os premios aos tres mellores disfraces e ás tres motos máis orixinais. O gañador do concurso sairá no cartel do Moto Carnaval do 2020. A saída será ás 16:30 horas desde a entrada da Rúa Eduardo Iglesias.