En Baiona o Entroido comeza este venres

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Enterro da Sardiña en Baiona.

O Concello de Baiona decidiu este ano adiantar a celebración do Entroido para que non coincida coa Festa da Arribada, que terá lugar os días 1, 2 e 3 de marzo. Así, a programación arrancará este mesmo venres e prolongarase durante toda a fin de semana. Tamén haberá actividades o martes 5 e mércores 6 de marzo. Pasarrúas, concertos, batucada, inchables, obradoiros, así como os tradicionais Desfile de Comparsas e Enterro da Sardiña conforman o programa previsto.

VENRES 22 DE FEBREIRO – TARDIÑA DE TROULADA
20:30h. Pasarrúas polo Casco Vello – Fanfarria Taquikardia.
21:00h. Concerto no Xardín do Museo da Navegación – Fanfarria Taquikardia.
22:30h. Concerto no Xardín do Museo da Navegación – Festicultores Troupe.

SÁBADO 23 DE FEBREIRO – DÍA DE CHARANGADA
12:00-15:00h. Charangas polo Casco Vello – “Vai de Baile” e “A Cabeza Non Para”.
18:00-20:00h. Mostra Aulas Batucada Aperta. Praza do Pai Fernando, ás 18:00h. Praza de Pedro de Castro, ás 19:00h.
20:00-00:00h. Charangas polo Casco Vello – “Nova Cubana”, “Imperiais”, “Sempre de Cachondeo” e “Va K Pinta”.

DOMINGO 24 DE FEBREIRO – TARDE DE COMPARSEO
17:00h. Desfile de Comparsas. Saída desde a Avenida Urbana de Sabarís ata o Paseo Ribeira.
19:30h. Saída do Enterro da Sardiña desde o Paseo Ribeira, finalizando na Praia Ribeira, onde se queimará a sardiña.
Acto seguido, Entrega de Premios no Palco da Música do Parque da Palma.

MARTES 5/MÉRCORES 6 DE MARZO – DIVERENTROIDO
16:00-20:30h. No Pavillón de Deportes Municipal.
– Inchables.
– Obradoiros de maquillaxe e de creación de máscaras.
– Zona de xogos.
– Fotomatón (lévate a túa foto de recordo).
– Concurso de Disfraces Infantil (o martes, 5 de marzo ás 19:00h. Inscricións no propio día).