A Garda Civil intercepta a un mozo de Gondomar con 40 gramos de haxix

A Garda Civil investiga penalmente a un mozo de 19 anos, veciño de Gondomar, por un presunto delito contra a saúde pública, ao ser interceptado na vía pública con preto de 40 gramos de haxix, presuntamente destinados para a venda.

Os feitos ocorreron a pasada fin de semana cando a patrulla de seguridade cidadá do Posto da Garda Civil de Gondomar procede á identificación dun mozo que lles resultou sospeitoso polo evidente nerviosismo que mostrou cando se decatou da presenza da patrulla.

A pesar de que nun principio negaba que levase estupefacientes, cando se lle requiriu que mostrase as súas pertenzas, entregou voluntariamente unha navalla que levaba no peto do pantalón e un envoltorio que contiña 39 gramos de haxix.

O mozo foi trasladado ás dependencias do cuartel da Garda Civil de Gondomar onde se instruíron dilixencias e notificóuselle a súa condición de investigado como suposto autor dun presunto delito contra a saúde pública, por tráfico de estupefacientes.

As dilixencias, a droga e a navalla incautada entregáronse no Xulgado de Instrución de garda de Vigo, onde deberá comparecer o investigado cando sexa requirido.

Este tipo de actuacións forman parte do plan operativo de resposta policial ao tráfico comerciante polo miúdo e consumo de drogas en zonas, lugares e locais de lecer e diversión, deseñado pola Secretaria de Estado e Seguridade, co fin de reducir a oferta de drogas ao consumidor (especialmente novos) e erradicar e reducir en todo o posible o seu consumo e tenencia nos establecementos e espazos públicos.