A Comisión de Festas de Borreiros organiza unha comida

A Comisión de Festas de Borreiros organiza unha comida o domingo 24 de febreiro a partir das 14:00 horas no Centro Cultural da parroquia. O menú, de 18 euros por persoa (10 euros para os nenos e nenas), inclúe empanada de atún, carne de caza ou xamón asado con patacas, sobremesa, bebida, café, pan e chopo. Reservas no Centro Cultural ou nos teléfonos 658 540 991 ou 679 506 592 ata o día 20 de febreiro.