O Concello de Nigrán festexa hoxe o Día dos Namorados cunha excursión de 154 maiores do municipio a Vilaboa e Soutomaior e posterior xantar-baile en Redondela.
O grupo saíu ás 9:30 horas en tres autobuses dende a Casa do Concello para visitar Vilaboa e as salinas de Ulló e, ao mediodía, o miradoiro de Cotorredondo e Lago Castiñeiras. Dende as 14:00 horas asisten a un xantar-baile no Restaurante Casas de Redondela.
O Goberno local de Nigrán entende que viaxar «non só serve para descubrir lugares novos, senón que achéganos moitísimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención».
Nese sentido, o alcalde de Nigrán, Juan González, deixa clara a súa aposta por este programa, «porque a todos estes beneficios hai que engadir que se socializarán e, en definitiva, faraos sentir máis felices e vitais”.

