Reservas abertas para asistir á Gran Cea Medieval de Aceba

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Cea Medieval de Aceba.

Achégase a celebración da Festa da Arribada e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona organiza un ano máis a Gran Cea Medieval, que se celebrará o sábado 24 de febreiro a partir das 21:30 horas no Parador de Baiona. A festa estará animada por Pablo Méndez, presentada por Rafa Durán e ao final os asistentes gozarán da música de DJ Tibu. Os interesados en asistir poden solicitar máis información na oficina de Aceba (Rúa Ramón y Cajal Nº 9 baixo) ou chamando ao teléfono 986 355 029.

Anuncios