O economista investigador doutorando Ángel Alonso, dirixido pola doutora en economía Carmen Padín e coa colaboración de Manuel Álvarez, está a realizar na Universidade de Vigo un estudo en profundidade do Camiño Portugués pola Costa, nesta ocasión sobre os dous albergues de Baiona.
As cifras son crecentemente importantes, contabilizando 3.421 visitantes peregrinos atraídos polo Camiño Portugués pola Costa, en dous albergues novos, ambos do 2.018, un abriu en xuño e outro en xullo, un pechou decembro e outro non, e case cheo nos dous en agosto (1.197 albergados).
| Estela do Mar | Baionamar | Total | |
| Xuño | 0 | 150 | 150 |
| Xullo | 383 | 350 | 733 |
| Agosto | 597 | 600 | 1.197 |
| Setembro | 426 | 361 | 787 |
| Outubro | 234 | 156 | 390 |
| Novembro | 31 | 100 | 131 |
| Decembro | 33 | 0 | 33 |
| Total | 1704 | 1717 | 3421 |

Serie 1: Estela do Mar. Serie 2: Baionamar.
A demanda maior é en agosto con 1.197 prazas, e a menor é en decembro, cando ademais pecha un dos albergues. “As cifras corresponden coa oferta sol e praia, sendo moi preciso, ademais de ofertas complementarias ofrecer alternativas, e o sido cultural sería importante”, conclúe Alonso.

