Castro e Ladeira pide ao Xefe de Costas actuacións urxentes no paseo marítimo

O presidente da Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís, Martín Otero, mantivo esta mañá unha xuntanza co novo Xefe de Costas do Estado en Galicia, Enrique Fernández, para poñerlle ao día da situación da parroquia, e sobre todo para pedirlle actuacións urxentes no paseo marítimo da Avda. da Foz do Miñor. “Podíase ter evitado chegar ao estado actual, cando alertamos ao concello das gretas no paseo dende fai 3 anos, isto rexistrado no concello”.

Por outro lado, tamén lle propuxo solucións para a apertura da Casa Rosa, xa que o concello a mantén pechada dende hai máis de tres anos, agora arranxada dende o verán, despois das reivindicacións do colectivo. Otero abordou ademais que o concello ten que mellorar a protección dunar na Ladeira e manter os arredores en mellores condicións. Por último, o presidente de Castro e Ladeira considera que as parcelas de dominio público das que ten uso o concello deberían estar mellor conservadas. “Segundo a lei é competencia do concesionario, neste caso o concello”.