Aceba sortea unha viaxe a Roma na súa Campaña de San Valentín

Tras o rotundo éxito da campaña de Nadal coa viaxe a Nova York, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona decidiuse apostar por outra viaxe para San Valentín. Neste caso é unha fin de semana a Roma para dúas persoas. Ademais desta viaxe, van sortear numerosos obsequios achegados polos diferentes socios.

Os clientes que compren nun comercio ou consuman nun local asociado deberán pedir o seu selo para o pasaporte, que se entregará tamén nos establecementos. Unha vez conseguidos tres selos de diferentes locais asociados, terán que cubrir os seus datos persoais e introducilo na caixa de correos situada na rúa Elduayen.

A campaña finalizará o 16 de febreiro. O día 17 xa non selarán máis pasaportes nin se poderán botar na caixa de correos. O sorteo será o día 22 de febreiro.

Anuncios