Anuncios
Ticker de novas

UCN acusa o goberno de Nigrán de incumprir a regra de gasto “con tanto despilfarro”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Pleno de Nigrán.

O portavoz da formación independente Unión Centrista de Nigrán (UCN), Antonio Fernández, mantén unha seria sospeita de que o alcalde, Juan González, atrasou deliberadamente a presentación da liquidación do exercicio 2017 -con case un ano de atraso-, para non ter que someter ao Pleno a aprobación dun Plan de Saneamento Económico-Financeiro (PEF) durante o exercicio 2018, que abarcaría dous exercicios 2018-2019, e ocultar así o incumprir a “Regra de Gasto”, “polo que desta forma tentou sortear a Lei 2/2012 que no seu artigo 21 establece que ‘no caso de incumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria ou da regra de gasto, a administración incumpridora formulará un plan económico-financeiro que permita no exercicio en curso e no seguinte cumprir coa estabilidade e a regra de gasto’, pero optou por tentar enganar á oposición e aos veciños dunha forma pueril, aparentando presentar uns bos resultados económicos, pero resulta ser todo o contrario, e ademais, dificilmente poderá utilizar o remanente de Tesourería para novos investimentos”, lembra Fernández Comesaña.

“Con este atraso deliberado por parte do alcalde Juan González, evitou así sanear as contas da súa nefasta xestión económica, ao diferir o problema para os exercicios 2019-2020, trasladando o marrón para a próxima Corporación e no canto de apertarse o cinto -como ten que ser obrigado-, optou por seguir gastando sen control e comprometendo gastos nunha campaña electoral frenética, desesperada e moi nervioso porque se achegan as eleccións -medorento dun mal resultado-, e o que é peor, sen poder pagar as facturas pendentes, deixando igualmente o ‘pufo’ para a corporación que salga das urnas en maio e tirados aos provedores, o que demostra unha vez máis a súa grave irresponsabilidade na súa xestión política”, engade o portavoz independente.

UCN lembra tamén que mesmo está aínda pendente de aprobarse a Conta Xeral do ano 2017, e que unha vez sometida a exposición pública terá que ser aprobada polo pleno, circunstancia que non se producirá como moi pronto ata o mes de marzo, o que impedirá obter subvencións da Xunta ata que sexa remitida ao Consello de Contas, polo que poderán perderse axudas para servizos sociais-dependencia, contratación de persoal en plans de cooperación, emprego e reinserción social, funcionamento biblioteca, centro de información á muller, etc.

Anuncios
error: Contido protexido