Sin categoría

Protección Civil Val Miñor organiza unha xornada de portas abertas

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Val Miñor organiza este venres 8 de febreiro unha xornada de portas abertas, desde as 17:00 horas no Centro Antena de Nigrán (Rúa Otero Pedrayo, 52). Os asistentes recibirán de maneira gratuíta un curso básico de primeiros auxilios e farán un percorrido polas instalacións. Máis información de como facerse voluntario no teléfono 649 843 325 ou no correo electrónico pcvalminor@gmail.com.