Castro e Ladeira pide unha solución para as inundacións que sofren tres camiños da parroquia

O presidente da Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís, Martín Otero, mantivo esta mañá unha xuntanza co xefe territorial de Galicia-Sur de Augas de Galicia. O representante veciñal pediu solucións para as inundacións que sofren os camiños Pouquena, Monxas e Toxal. “Levan moitos anos sufrindo os veciños prexuízos, e o concello non dá información nin solucións”, critica Otero.