Anuncios
Ticker de novas

Outro golfiño morto aparece varado en Patos

64 en 33 días. Este é o número de varamentos de cetáceos, lobos mariños e tartarugas rexistrados en Galicia no que vai de ano. Dende o pasado domingo, e condicionados polos fortes ventos das tormentas Gabriel e Helena, que levan á costa todo o que estea flotando, apareceron 28 individuos segundo indica a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños con sede en Nigrán, un deles na Praia de Patos. Trátase dun golfiño riscado, igual ao que apareceu en Praia América o luns desta mesma semana, un macho de 1,42 metros. A CEMMA, que se desprazou ata o lugar para tomar mostras e tratar de pescudar a causa da morte, lembra que para dar avisos sobre avistamentos ou varamentos de cetáceos en Galicia hai que chamar ao 112, ou directamente ao 686 989 008. A Rede de Varamentos de Galicia conta con financiamento da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta.

2019-02-02 - WhatsApp Image 2019-02-02 at 23.14.59

Anuncios