Acordo para a posta en marcha, promoción e difusión de “Baiona Campus Universitario”

Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, Concello de Baiona e Universidade de Vigo pecharon este venres un acordo de colaboración para a posta en marcha, promoción e difusión de “Baiona Campus Universitario” para o próximo curso 2019/2020.

Nesta reunión, representantes de Aceba, encabezados polo seu presidente, Marcos Comesaña, presentaron o proxecto final de “Baiona Campus Residencial Universitario” ante o novo Reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, acompañados do Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, así como as distintas accións que en breve poñeranse en marcha para que a iniciativa pase de ser un proxecto, a converterse nunha realidade nuns meses.

De propias palabras de Manuel Reigosa, “Baiona Campus Residencial Universitario realmente é un proxecto win to win”.