Eixotolo organiza unha excursión a Xinzo de Limia

FOTO: TURISMO DE OURENSE // Domingo Fareleiro en Xinzo de Limia.

A Asociación Deportiva, Cultural e Benéfica Eixotolo de Camos organiza o próximo día 10 de febreiro unha excursión a Xinzo de Limia para asistir ao “Domingo Fareleiro”, co que a localidade inicia o Entroido. A saída será ás 9:30 da mañá desde Porto do Molle, en Nigrán, con chegada prevista a Sandiás sobre as 12:00 do mediodía, cunha pequena parada no camiño.

Farase unha ruta a pé desde Sandiás ata Xinzo de Limia de 10 quilómetros, unhas 2 horas de camiño. O que non queira facer a andaina pode ir no autobús ata Xinzo e facer tempo por alí. A saída de Xinzo de Limia será ás 19:30 horas con chegada ás 21:30 horas aproximadamente.

O prezo é de 15 euros (18 euros con 2 bocadillos, 2 froitas, 2 augas e 2 madalenas). Os interesados poden anotarse no teléfono 648 023 014, tamén válido por WhatsApp. Aconséllase levar roupa de muda ou chubasqueiro, lentes, máscara, chapeu… cada quen é libre de participar ou non.