Nigrán organiza unha excursión e xantar-baile o Día dos Namorados a Vilaboa e Soutomaior

FOTO: TURISMO RÍAS BAIXAS // Salinas de Ulló.

O Concello de Nigrán continúa co seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade cunha excursión o 14 de febreiro, “Día dos Namorados”, a Vilaboa e Soutomaior e posterior xantar-baile en Redondela. O prazo de inscrición abre o luns 4 de febreiro ás 9:00 horas e pecha o mércores 6, os interesados deberán inscribirse na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán e abonar 17 € (só se permite inscribir a un máximo de 2 persoas por solicitante).

A excursión, con saída ás 9:30 horas en autobús dende a Casa do Concello, inclúe unha visita a Vilaboa e as salinas de Ulló e, ao mediodía, visita ao miradoiro de Cotorredondo e Lago Castiñeiras e as 14:00 horas xantar-baile no Restaurante Casas de Redondela. O prezo desta viaxe é de 17 € e inclúe transporte, seguros, guía e comida (o menú inclúe lagostinos, vieiras, pescada, codillo, bebidas, sobremesa e café).

O Goberno local de Nigrán entende que viaxar «non só serve para descubrir lugares novos, senón que apórtanos moitísimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención».

Nese sentido, o alcalde de Nigrán, Juan González, deixa clara a súa aposta por este programa, «porque a todos estes beneficios hai que engadir que se socializarán e, en definitiva, faraos sentir máis felices e vitais”.

Anuncios