Es un Árbol abre este venres o III Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe

Este venres 31 de xaneiro comeza o III Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe, en Gondomar, organizado polo Departamento de Música do centro, dirixido por Sergio Álvarez, que se celebrará o primeiro venres de cada mes, de febreiro a xuño.

O primeiro grupo será Es un Árbol, formado por Borja Fernández (canto e guitarra), Rubén Abad (guitarra e canto), David Santos (baixo e canto) e Sergio Álvarez (batería e canto). O concerto comezará ás 20:30 horas no Salón de Actos do Instituto.

Donativo 5 euros. Apertura de portas ás 20:00 horas. Ademais, haberá merchandising.

Anuncios