Anxo Uzal, Diego Otero e Omar Rodríguez acoden ao Campionato de España Sub 23

Omar Rodríguez e Anxo Uzal no Campionato de España.

A Selección Galega Sub 23 de Loitas Olímpicas viaxa do 1 ao 2 de febreiro ao Campionato de España Sub 23 de Loita, con 20 deportistas, 4 técnicos, 1 delegado e 4 árbitros convocados polo Colexio Nacional. Galicia é unha das Comunidades Autónomas que máis deportistas despraza este fin de semana a Madrid, para competir na cita nacional. Leva representación nas 3 modalidades olímpicas: Loita Feminina, Libre Olímpica e Grecorromana.

Os baioneses Anxo Uzal, Diego Otero e Omar Rodríguez, do Club de Loita Sabarís, formarán parte da Selección Libre Olímpica Sénior. Anxo competirá na categoría de 61 kg, Diego na de 70 kg e Omar na de 74 kg. O Campionato de España terá lugar en San Agustín de Guadalix, onde os equipos galegos tratarán de subir ao podio nacional. Como en anos anteriores, as Seleccións Galegas máis fortes son a Feminina e a de Libre Olímpica. Este ano, tampouco descartan subir ao podio nacional en Grecorromana.