O Erizana organiza unha charla sobre alimentación e deporte

O Erizana Club de Fútbol organiza este venres 1 de febreiro a conferencia “Alimentación e Deporte”, dirixida a todos os xogadores e adestradores do club así como a calquera persoa interesada en coñecer un pouco máis un tema tan importante tanto no ámbito deportivo coma social. A charla, que comezará ás 19:30 horas no Salón de Actos do CPI Cova Terreña de Baiona, estará impartida polo experto en nutrición Jesús Fernández Cruces de Nutridde.

Anuncios