Charla sobre as oportunidades de negocio no Club Marítimo de Panxón

Hoxe mércores 30 de xaneiro, Roberto Pérez Marijuán e o seu socio Juan José Romero Crusat, impartirán unha charla no Club Marítimo de Panxón ás 20:30 horas dentro do programa “O Noso Faladoiro” que organiza o Partido Popular de Nigrán. Ambos son fundadores da consultora “Suma Importancia”, especialistas en comunicación e márketing, liderado emocional e oratoria. Falarán sobre as oportunidades de negocio para calquera tipo de empresa, como sacar a maior rendibilidade delas e desenvolver habilidades comerciais. Asistirá a Directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro.

Anuncios