Baiona tira de retranca no vídeo promocional da Festa da Arribada

O Concello de Baiona lanza o spot promocional da Festa da Arribada 2019, cunha visión universal, agrupando a multitude de teorías sobre o descubrimento de América, cunhas boas doses de ironía e retranca galega, sen menoscabo de desprezar as distintas teses ao redor do descubrimento.

Só hai unha verdade indiscutible, Baiona foi o único lugar do planeta dende onde se lanzou para o mundo a gran noticia, pois o realmente importante foi “Volver para contalo”.

Xunto co spot publicitario, o Concello de Baiona dá a coñecer a campaña de imaxe do 526 aniversario da Arribada, na que xa se está a traballar dende fai un mes. As datas de celebración serán o 1, 2 e 3 de marzo, sendo o venres 1, festivo local e o día escollido para conmemorar os actos protocolarios da Festa da Arribada.

Anuncios