O CPA Gondomar consegue subir ao podio a seis dos seus sete patinadores no Trofeo Deputación

O Club de Patinaxe Artística de Gondomar consegue subir ao podio a seis dos seus sete participantes no Trofeo Deputación de Patinaxe Artística celebrado este sábado no Pavillón Municipal de Candeán, en Vigo, no que os patinadores e patinadoras buscaban a súa clasificación para as categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e sénior.

O CPA Gondomar fíxose cun primeiro posto para Joel Ribeiro Díaz en infantil masculino, e conseguiu tamén o podio completo en infantil feminino, composto por un primeiro para Sofía Costas Ibarra, un segundo posto para Ainhoa Vidal Touriño e un terceiro para Noa Álvarez Romero. O club gondomareño tamén conseguiu subir ao podio a Lola Álvarez Romero como representante alevín así como á súa sénior Andrea López Rodríguez.

O seu adestrador David Figueroa acompañounos toda a xornada. O constante traballo do CPA Gondomar prosegue xa que este non é máis que o inicio dunha dura tempada de adestramento, xa que a próxima fin de semana disputarase o Campionato de Show en Vigo.