Investigan a un veciño de Nigrán polo furto de pedra das obras da Praza Paradela en Gondomar

A Garda Civil investiga a un veciño de Patos, no municipio de Nigrán, polo furto de pedra nunha obra pública de Gondomar. O goberno local deste municipio denunciou onte mércores a desaparición do material apilado na vía pública, onde se está acometendo a reforma da Praza Paralela.

Grazas a unha alerta cidadá, a Garda Civil puido centrar a investigación ata chegar a Patos. Alí localizou nun chalé en construción as lastras que se correspondían coa descrición que consta na denuncia.

O propietario do inmoble non estaba na leira polo que a Garda Civil tivo que localizalo por vía telefónica. O investigado acudiu ás dependencias da Garda Civil de Gondomar facendo entrega do material subtraído, que agora se devolverá aos seus lexítimos propietarios.

As dilixencias instruídas entregaranse no Xulgado de Instrución de garda de Vigo onde deberá comparecer o investigado cando sexa citado.

Unha vez máis, dentro das investigacións foi fundamental a colaboración cidadá, que de maneira incesante comunica á Garda Civil multitude de datos e que se desenvolve principalmente a través do teléfono 062, do portal da internet “Colabora” deste Corpo e dos perfís oficiais nas redes sociais do mesmo. www.guardiacivil.es, sugerencias@guardiacivil.org, Guardia Civil (Facebook) e @guardiacivil (Twitter).