O pasado sábado celebrouse o Campionato Galego de Sala 2019 de Tiro con Arco Tradicional e Espido no Pavillón Os Tilos do Concello de Teo, A Coruña, onde participou por primeira vez desde a súa recente creación e formalización a finais de 2018 o Club Deportivo BaiArco, con sede no Concello de Baiona. Presentáronse á competición tres arqueiros, entre os cales Benjamín Carneiro Gómez conseguiu unha excelente puntuación en Arco Espido, sendo primeiro clasificado e segundo entre todos os Sub 14 cunha idade de só 10 anos.
O Club BaiArco estréase cun primeiro posto de Benjamín Carneiro no Campionato Galego

