A Policía Local de Gondomar realizou un total de 3.615 servizos no 2018

A Policía Local de Gondomar realizou no 2018 un total de 3.615 servizos, segundo recolle a memoria anual elaborada polo Corpo. A distribución dos servizos policiais por parroquias evidencia o ámbito eminentemente urbano das tarefas que ordinariamente desenvolve a Policía Local, aínda que moitas das súas competencias e funcións abarcan o ámbito rural.

Dos 3.615 servizos, dos que 2.957 foron operativos e 658 administrativos, 145 foron en Borreiros, 72 en Chaín, 78 en Couso, 134 en Donas, 1.715 en Gondomar, 358 en Mañufe, 88 en Morgadáns, 134 en Peitieiros, 94 en Vilaza, 268 en Vincios, 406 na Xefatura, 55 en varias parroquias ou distritos e 68 fose do municipio. 2.112 foron na quenda de mañá, 1.442 na de tarde e 61 na de noite. Destaca o número de servizos entre as 14:00 e as 14:59, que ascende a 344, e de 15:00 a 15:59, cun total de 324.

No 2018 tramitáronse 56 tarxetas de estacionamento para persoas con discapacidade, 35 delas definitivas e 21 provisionais, 6 tarxetas de armas e 260 DNI’s, e rexistráronse un total de 313 obxectos perdidos, 158 atopados e 107 denunciados.

Dos 2.957 servizos operativos, 311 foron administrativos, 1.101 relativos a tráfico e seguridade viaria, 147 por accidentes de circulación, 286 como policía xudicial, 274 de protección e seguridade cidadá, 80 relacionados con servizos humanitarios, 492 coa protección do medio ambiente, 43 coa protección de autoridades municipais, 86 foron por vixilancia do patrimonio público e 137 por funcións de protección civil.

Dos 311 servizos administrativos, 34 estiveron relacionados coa responsabilidade patrimonial, 54 co control das ordenanzas municipais, 26 coa inspección e control de actividades sometidas a disciplina urbanística, 42 coa ocupación da vía pública/venda ambulante, 10 co control de feiras, mercados e festas, 99 relativos á colaboración con outros servizos municipais e 46 con outras administracións.

Dos 1.101 relativos a tráfico e seguridade viaria, 237 realizáronse por conflito circulatorio/estacionamento, 49 por control de tráfico/alcol/drogas, 660 por sinalización/ordenación do tráfico, 57 por dispositivos especiais por eventos e 98 por asistencia a condutores ou usuarios. Tramitáronse ademais un total de 293 denuncias por infraccións ante a autoridade municipal e 28 por infraccións ante a Xefatura Provincial de Tráfico. Durante o 2018 retiráronse 97 vehículos da vía pública, 11 deles movidos e 2 enganchados.

Como Policía Xudicial os axentes actuaron en 25 presuntos delitos contra a seguridade viaria, interviñeron en 125 supostos delitos e auxiliaron en 136 ocasións á Autoridade Xudicial/Fiscal. En canto á protección da seguridade cidadá (152), destaca a resolución de conflitos privados (42), o control sobre establecementos públicos (7), a concienciación cívica en centros educativos (1) e a colaboración con outras policías ou forzas e corpos de seguridade (72), ademais da tramitación de penas de traballos en beneficio da comunidade (6).

Durante o pasado ano a Policía Local de Gondomar atendeu a 14 vítimas de delito, especialmente a menores e mulleres maltratadas por violencia de xénero, buscou e investigou en 9 casos de persoas extraviadas ou desaparecidas e asistiu a 57 persoas sen recursos, necesitadas, enfermas ou discapacitadas en colaboración cos servizos sociais.

En canto á protección do medio ambiente, un total de 44 servizos estiveron relacionados co patrimonio natural de Gondomar, para a conservación de espazos naturais, flora e fauna silvestre, 17 coa investigación sobre verteduras de residuos contaminantes, 37 relativos á denuncia, xestión e retirada de vehículos abandonados na vía pública, 20 sobre o control de animais potencialmente perigosos, 356 relacionados con animais domésticos ou extraviados e 18 relativos ao control de ruídos.

Finalmente, os axentes locais colaboraron en 21 incendios urbanos ou rurais, 4 incendios forestais e 112 emerxencias, inundacións ou catástrofes.

Anuncios