Festas de San Sebastián en Mañufe

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Procesión de San Sebastián do Portelo en Mañufe.

O barrio do Portelo, na parroquia gondomareña de Mañufe, celebra esta fin de semana as festas na honra de San Sebastián. O venres 18 de xaneiro a verbena estará amenizada polo grupo América e o trío Armonía. O sábado 19 ás 16:00 horas terán lugar as grandes “poxas” e unha festa infantil con inchables para os máis pequenos, e ao finalizar, gran chocolatada. Pola noite, a orquestra Solara e o trío Formas amenizarán a verbena. O domingo 20 ás 12:30 horas actuará o grupo de gaitas Os Romanteleiros de Mañufe, e ás 13:00 horas comezará a Misa Solemne seguida de procesión, acompañada polo mesmo grupo de gaitas. O recinto estará cuberto cunha carpa.

Anuncios