
Pasadas as 14:00 horas deste domingo, unha persoa particular informaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia dun atropelo a unha persoa na Avenida do Val Miñor, no termo municipal de Nigrán. Ata o punto desprazáronse, tras ser alertados polo 112 Galicia, persoal do 061-Urxencias Sanitarias e axentes da Policía Local de Nigrán. Ademais, informouse aos membros GES de Val Miñor.