Protección Civil Val Miñor abre o prazo de inscrición para novos voluntarios

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Membros de Protección Civil Val Miñor na I Galaicaintegración Val Miñor.

Protección Civil Val Miñor informa que desde o 12 de xaneiro e ata o 8 de febreiro estará aberto o prazo de inscrición para os novos voluntarios. As funcións da agrupación son a cobertura sanitaria en eventos deportivos ou musicais, a colaboración cos equipos de emerxencias do Val Miñor, colaborar co servizo de salvamento e socorrismo do Val Miñor en tempada de verán e axudar aos veciños sempre que os precisen. Ademais, o 8 de febreiro organizarán unha xornada de portas abertas ás 17:00 horas no Centro Antena de Nigrán (Rúa Otero Pedrayo, 52). Máis información no teléfono 649 84 33 25 ou a través do correo electrónico pcvalminor@gmail.com.

Anuncios