Anuncios
Ticker de novas

Baiona abre o prazo de solicitudes para participar no Real Mercado Medieval da Arribada

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Festa da Arribada.

Desde este luns 14 de xaneiro ata o 1 de febreiro ambos inclusive, estará aberto o prazo de inscricións para participar no Real Mercado Medieval da Festa da Arribada 2019, que este ano cumpre a súa 24 edición e na que se conmemora o 526 Aniversario da chegada da Pinta.

Todas aquelas persoas que o desexen poderán solicitar un posto de venda. Poderanse descargar tanto as bases reguladoras como a solicitude (Anexo I e II) na páxina web do Concello a partir do luns 14 de xaneiro. Así mesmo, para dúbidas e aclaracións habilitarase un teléfono de consultas 986 356 282 de luns a venres en horario de 17:00 a 19:00 horas.

A organización da festa, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de marzo, sendo o venres festivo local en Baiona, poñerá a disposición dos artesáns 70 postos do Concello, que serán sorteados de entre todas as solicitudes, o sábado 9 de febreiro ás 11:00 da mañá no Salón de Plenos e posteriormente colocados e numerados nas rúas peonís do recinto histórico medieval.

A organización da festa xa está a traballar para que o 526 Aniversario da Arribada conmemórese como se merece, ao grande.

Anuncios