Anuncios
Ticker de novas

Interceptado un baionés en Vigo conducindo baixo a influencia de bebidas alcohólicas

A Policía Local de Vigo interceptou á 1:15 da madrugada do 7 de xaneiro ao condutor dun turismo da marca Volkswagen Golf durante un control de vehículos na Avenida de Beiramar. No momento da identificación os axentes comprobaron que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas.

Tras realizarlle a proba preceptiva de determinación do grao de impregnación alcohólica, esta arroxou un resultado positivo de 0,69 miligramos de alcol por litro de aire expirado na primeira proba e 0,69 mg/l de aire expirado na segunda. O home de 65 anos de idade, nado e domiciliado en Baiona, foi encartado en dilixencias xudiciais en calidade de investigado por un presunto delito contra a Seguridade Viaria ao superar o límite penal establecido.

Anuncios