Este venres 11 de xaneiro terá lugar unha nova conferencia da IV edición de Mar de Historias, organizada pola Concellería de Cultura de Baiona. Será ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Navegación, a cargo dos arqueólogos Mar Cortegoso e Brais Currás, que contarán os resultados das investigacións e traballos realizados sobre as salinas romanas localizadas na costa entre A Guarda e Baiona. A entrada é libre ata completar aforamento.
Conferencia sobre as salinas da Guarda na Casa da Navegación de Baiona

