Gondomar pecha este domingo día 6 de xaneiro a programación de Nadal organizada pola Concellería de Cultura coa celebración do tradicional Certame de Rondallas de Reis, que se leva realizando desde 1903 e que cumpre este ano a súa XXXVII edición.
Participarán todas as Rondallas da provincia de Pontevedra menos unha, un total de 14 agrupacións, 12 delas abandeiradas, polo que desde o Concello decidiron dividir o evento en dúas quendas, unha de mañá de 10:40 a 13:40 e outra de tarde, de 17:20 a 19:00 horas. Unha a unha iranse formando na rotonda da rúa Ameixeira, para desfilar logo ata o Concello, onde saudarán ás autoridades e ofrecerán a súa actuación. Despois, e antes do pasarrúas final pola Avda. Elduayen, terá lugar o vistoso encontro entre Rondallas e cruzamento de bandeiras.
Participarán: Rondalla Santa Eulalia de Atios, Rondalla Asociación Cultural Musical de Pontellas, Rondalla Asociación Cultural Santiaguiño de Guizán, Rondalla da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios, Rondalla do Centro Cultural A Merced de Chaín, Rondalla do Centro Cultural Helios de Bembrive, Rondalla Santa Eulalia de Mos, Rondalla da Asociación Cultural e Social de Herville, Rondalla da Asociación Cultural Peña Freixo, Rondalla de Santiago de Parada, Rondalla do Centro Cultural de Beade, Rondalla do Centro Veciñal e Cultural de Valadares, Rondalla O Mosterio de Pesegueiro e Asociación Cultural Recreativa San Mamede de Zamáns. Cada unha das agrupacións recibirá unha axuda de 950 euros pola súa asistencia.
| Rondalla | Bandeiras | Hora saída |
| Rondalla Santa Eulalia de Atios | 10 | 10.40 horas |
| Rondalla Asociación Cultural Musical Rondalla de Pontellas | 8 | 11.00 horas |
| Rondalla Asociación Cultural Santiaguiño de Guizán | 6 | 11.20 horas |
| Rondalla da Asociación de Veciños Galiñeiro Vincios | 8 | 11.40 horas |
| Rondalla do Centro Cultural A Merced de Chaín | 8 | 12.00 horas |
| Rondalla do Centro Cultural Helios de Bembrive | 8 | 12.20 horas |
| Rondalla Santa Eulalia de Mos | 7 | 12.40 horas |
| Rondalla da Asoc Cultural e Social de Herville | 5 | 13.00 horas |
| Rondalla da Asociación Cultural Peña Freixo | 0 | 13.20 horas |
| PAUSA XANTAR | ||
| Rondalla de Santiago de Parada | 6 | 17.20 horas |
| Rondalla do Centro Cultural de Beade | 8 | 17.40 horas |
| Rondalla do Centro Veciñal e Cultural de Valadares | 12 | 18.00 horas |
| Rondalla O Mosterio de Pesegueiro | 8 | 18.20 horas |
| Asociación Cultural Recreativa San Mamede de Zamáns | 0 | 18.40 horas |

