O Concello de Baiona organiza este xoves e venres, 3 e 4 de xaneiro, o DiverNadal, con inchables, obradoiros diversos e visita do Carteiro Real. Os nenos e nenas que se acheguen ata o Pavillón Municipal de Deportes desde as 16:00 ata as 20:30 horas poderán participar en obradoiros de pixel art, foamball, granxa e arranxa, minichef con playdoh, builds, realidade virtual, history, manualidades e chapas e maquillaxe.
Baiona ofrece dous días de inchables e obradoiros con visita do Carteiro Real

