O Centro Cultural e Social de Baíña organiza unha excursión para visitar o alumeado do Nadal de Vigo, principalmente o das zonas de Príncipe e o Calvario. Será o vindeiro xoves 3 de xaneiro con saída desde Baíña ás 18:30 horas. O prezo é de 6 euros. Máis información no teléfono 986 357 195.
Excursión desde Baíña para visitar o alumeado do Nadal de Vigo

