Anuncios
Ticker de novas

Recollida de xoguetes cos personaxes de Star Wars en Camos

FOTO: STORMTROOPER GALICIA // A 501ST Legion.

O Centro Cultural A Camoesa de Camos organiza este sábado 29 de decembro unha recollida de xoguetes dentro da campaña solidaria “Cada neno un xoguete”. Desde as 17:00 ata as 19:00 horas haberá un photocall solidario, manualidades e música. Todos os que se acheguen cun xoguete poderán facerse unha foto cos personaxes de Star Wars da 501ST Legion.

Anuncios
error: Contido protexido