Anuncios
Ticker de novas

Manifesto Miñor critica a falta de alumeado de Nadal nas parroquias de Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Alumeado de Nadal.

Xosé Antón Araúxo denuncia que por primeira vez en máis dunha década as parroquias de Gondomar están nun apagamento de iluminación de Nadal. “A decisión de centralizar todas as luces no centro, no interior do perímetro urbano de Gondomar, é un auténtico espello no que se reflicten a maioría das accións deste goberno precario que teñen nun abandono miserable ás parroquias”.

“Somos un concello no que a maioría da poboación a achegan as parroquias, pero o alumeado de Nadal que dende 2008 con Antonio Araúxo de alcalde chegaba a todas as parroquias agora son esquecidas por quen goberna, en todos os puntos, mesmo en lugares de estrutura urbana como Vincios”, conclúe Araúxo.

Anuncios
error: Contido protexido