Espectáculo infantil e Concerto de Fin de Ano da Banda de Música de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Banda de Música de Baiona.

A Concellería de Cultura de Baiona continúa este sábado 29 de decembro coas actividades do Bai Nadal 2018. Ás 18:00 horas está programado o espectáculo infantil “Apagón de Nadal-Minions” na Alameda Carabela Pinta, e ás 20:00 horas, a Banda de Música de Baiona ofrecerá o seu Concerto de Fin de Ano no Auditorio V Centenario.

Anuncios