Curso de crochet no Centro Cultural de Parada

O Centro Cultural Parada do Miñor organiza un curso de crochet (ganchillo), que será impartido por Enca Alonso os xoves de 18:30 a 20:30 horas. Os asistentes aprenderán a arte do crochet, desde o máis básico ata poder perfeccionar. Complementos, gargantillas, colares, pulseiras, zapatillas, bolsos, pendentes, roupa de cama, mantas, colchas, gorros, chapeus, xerseis, tops, bonecas, bonecos, decoracións e moitas cousas máis. Máis información e inscricións no teléfono 628 98 65 97.