Partido solidario de fútbol sala en Baiona para recoller xoguetes e alimentos

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Membros do club de atletismo e da corporación municipal.

O Club Atletismo Baiona organiza un partido solidario de fútbol sala con recollida de alimentos e xoguetes. O encontro disputarase entre o Club de Atletismo de Baiona e a Corporación Municipal este sábado 29 de decembro, ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes. Nel farase unha recollida de alimentos e xoguetes para todo aquel que queira colaborar en favor da ONG Ayuda al Mundo Necesitado.

Anuncios