O Concello de Nigrán ofrece este sábado ás 17:00 horas no Auditorio Municipal o concerto de Cé Orquestra Pantasma co seu último traballo para cativos “A Voar”. Ademais, estarán presentes os carteiros reais para recoller as últimas cartas para as Súas Maxestades de Oriente.
Ao son do enerxético ritmo de Cé Orquestra Pantasma, “A Voar” conta a historia da pequena Xoana quen, movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que a súa vida mudará, amosándonos que só a través do coñecemento dos valores universais seremos quen de a nosa vida mellorar. “A Voar” pretende axudar aos nenos e nenas a reivindicar a confianza necesaria para satisfacer as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre, así pois, nenos e nenas… a voar!!

