Sin categoría

Uns 40 nenos e nenas participan nas Xornadas Deportivas e Solidarias de Nadal en Gondomar

Uns 40 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos participan nas VI Xornadas Deportivas e Solidarias de Nadal en Gondomar, organizadas pola Concellería de Deportes que dirixe Nuria Lameiro. As actividades, que comezaron este mércores, desenvólvense en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e finalizarán o próximo venres 30. O campus é gratuíto, todos os nenos e nenas tan só tiveron que achegar 2 quilos de alimentos non perecedoiros que serán destinados ás familias máis necesitadas do municipio a través dos Servizos Sociais do Concello de Gondomar e repartidos polo voluntariado nestas datas de Nadal.

Os pequenos poderán participar durante as tres xornadas en multitude de actividades, entre as que destacan o tenis, baloncesto, atletismo e fútbol, entre outras, que desenvolveranse nas instalacións deportivas municipais. Ademais, hoxe mércores, tiveron a oportunidade de facer unha visita guiada ás instalacións da Escola Naval Militar de Marín, onde foron recibidos polo persoal do centro, facendo unha parada no Museo Naval, no que puideron aprender o uso dos instrumentos de navegación, ver importantes óleos, armas, fotografías e un longo etcétera de obxectos relacionados con anos de historia da Mariña Española.