Xinetes de toda a comarca reúnense en Panxón polo Nadal

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Os xinetes na Praia de Panxón.

Centos de xinetes, moitos deles disfrazados de Papá Noel ou co característico gorro vermello, reuníronse este luns para celebrar o Nadal e despedir o ano que termina. O que comezou como unha saída de amigos converteuse en toda unha tradición que congrega cada 24 de decembro a máis participantes. Chegados desde todos os puntos da comarca, finalizan a ruta cabalar en Praia América e Panxón, este ano divididas pola marea alta. A presenza no areal dos centos de cabalos, as carretas e os xinetes chama a atención dos centos de veciños, visitantes e turistas que pasean ou se toman un refrixerio nos locais da zona antes de volver a casa para celebrar a Noiteboa en familia. Ademais, a Rondalla Santiago de Parada ofreceu un pasarrúas pola zona, partindo desde o porto pesqueiro e percorrendo o paseo marítimo.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios