O Concello de Nigrán e as escolas de surf organizan unha xornada gratuíta en Patos

FOTO: LA CONSERVERA DEL SURF

O Concello de Nigrán, en colaboración coas escolas de surf, ofrece o 4 de xaneiro de 16:00 a 18:00 horas na praia de Patos unha xornada totalmente gratuíta dirixida aos veciños do municipio (só para empadroados e inclúe o equipamento). Os interesados deben anotarse na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán ata o 3 de xaneiro, habendo un total de 50 prazas que se cubrirán por rigoroso orde de inscrición. “Surf para todos” está organizada polo Concello coa Asociación de Escolas de Surf de Patos, La Conservera del Surf, Patos Surf Galicia, Point Break Surf Patos, Prado Surf e Txoko Surf Club.