A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar novos investimentos no Concello de Nigrán no marco da liña 1 do Plan Concellos. A presidenta, Carmela Silva, sinalou que nos próximos días se pechará ao completo o Plan 2018 “que volve a demostrar que non hai obra en todos os concellos da provincia que non estea financiada pola Deputación de Pontevedra”.
Para Nigrán a institución provincial aprobou dous investimentos por un valor total de 243.976,5 euros. Máis polo miúdo, 101.245,21 euros para financiar a mellora na rúa do Ceán e outros 142.731,29 euros para a pavimentación de diversos camiños na parroquia de Camos. Trátase da última achega do Plan Concellos deste ano para a vila que completa así os seus investimentos. A través do Plan Concellos, Nigrán tiña este ano a súa disposición un total de 1.709.211,78 euros, un 76,21% máis que en 2017.

