Encontro de Rondallas en Vincios

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A Rondalla de Vincios no Torreiro de Santa Lucía.

A Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios organiza este domingo 23 de decembro o seu Encontro de Rondallas no Torreiro de Santa Lucía a partir das 12:00 do mediodía. Participarán a Rondalla do Centro Cultural Helios de Bembrive, a Rondalla do Centro Veciñal e Cultural de Valladares e a Rondalla da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios.

Anuncios