O CEIP Mallón acolle o domingo o XXIV Torneo de Xadrez Laroca

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA // Mireya Represa xogando contra FM Plazuelo.

Este vindeiro domingo como peche de ano o Club de Xadrez Laroca organiza nas instalacións do CEIP Mallón a partir das 15:40 horas o XXIV Torneo de Xadrez na categoría absoluta, e a partir das 16:10 as categorías promesas e iniciación.

O torneo na categoría absoluta será valido para Elo fide de rápidas, xogaranse seis roldas a un tempo de 10 minutos cun incremento de 5 segundos por movemento. A categoría de promesas menores de 15 anos e iniciación menores de 11 anos celebraranse a cinco roldas e un tempo de 15 minutos finish.

A partir das 19:40 será a entrega de premios. Para mais información ou inscricións: http://clubdexadrezlaroca.comlu.com/