Nadal na Agrupación Musical de Vincios

Hoxe comezan os actos festivos do Nadal na Agrupación Musical de Vincios, no que un grupo de compoñentes foron á Gardería A Galiña Azul para amenizarlle a mañá aos máis cativos con música de panxoliñas en directo.

Mañá sábado 22 terán lugar as Audicións da escola na que os estudantes poderán presentar o traballado durante o curso, actuando ademais as bandas infantil e xuvenil. Será ás 18:00 horas no Auditorio do Centro Cultural de Vincios.

O domingo 23 ás 18:30 horas no Auditorio do Centro Cultural de Vincios terá lugar o Concerto do Coro da Agrupación Musical de Vincios, así como a Banda Agrupación Musical de Vincios na compaña do coro da escola.

Farase unha recollida de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene para os refuxiados do Pobo Saharauí, e no concerto do domingo 23 terá lugar o sorteo das dúas cestas de Nadal entre os socios da Agrupación Musical de Vincios.