Festival Solidario “Un alimento e un xoguete para todos” en Belesar

O sábado 22 de decembro ás 19:30 horas, a Agrupación Musical de Belesar e a Coral Polifónica San Lourenzo de Belesar organizan o Festival Solidario “Un alimento e un xoguete para todos”. Participará o Coro Xuvenil de Belesar, a Coral de Belesar e a Agrupación Musical de Belesar. As doazóns serán entregadas á ONG “Ayuda al Mundo Necesitado” de Baiona.