As Rondallas de Vincios e Chaín animarán este sábado as rúas de Gondomar

Gondomar ofrece este sábado 22 de decembro o pasarrúas da Rondalla da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios a partires das 11:00 da mañá e da Rondalla do Centro Cultural “A Merced” de Chaín a partires das 19:00 horas, tocando e animando as principais rúas do casco urbano. Un día para pasear, facer compras, e entreterse desfrutando dun anticipo do que serán as actuacións das agrupacións locais no Certame de Rondallas de Reis o próximo 6 de xaneiro das agrupacións locais.